Ata eiqui chegamos, despois do traballo ben feito ben tedes merecidas unhas vacacións, aproveitadeas ao máximo e pasadeo moi ben; pero para que non olvidedes todo o que distedes hai van uns consellos para estas vacacións. Ata sempre.
Hoxe celebramos a festa da Música e como teloneiro veu Vladimir un amigo do noso profesor de música, fíxonos bailar, cantar. Pasámolo moi ben. Eiqui podedes ver unhas fotos que o atestiguan.
O pasado martes 15 fomos dar un paseo pola fraga de Sisalde, onde nos explicaron como funcionaba un muiño de auga e as distintas árbores que alí podemos encontrar.
O pasado 11 de xuño os nenos e nenas de 2ºF e as súas nais e pais xuntáronse pola tarde para despedir o curso cunha merenda e os rapaces tamén xogaron un pouco, as carreiras de sacos, a pelota,etc.
O pasado mércores 2 de xuño fomos a un gran establecemento aprender facer unha compra responsable, anteriormente no colexio ensinaronnos a que hai que aforrar enerxía, o que son as enerxías renovables, o que son as marcas blancas, etc.
O pasado 14 de maio fomos ao Tatro a ver "Ao Rei Sol doelle a barriga" onde os actores eran nen@s do colexio, e un deles era o noso compañeiro Pablo Rodríguez, a qué non sabedes de que facía?
Este é o diario dos nenos de primeiro do CEIP Ponte dos Brozos. Aquí iremosvos contando as nosas andainas: o que nos acontece, os nosos proxectos, os recursos que nos parecen interesantes... Compartide connosco esta viaxe.
VISITAS
CONTRIBUYENTES
. Begoña: 1º A . Laura: 1º B . Mari: 1º C . Conchi: 1º D . Sonia: 1º E . Óscar: 2º F