sábado, 6 de diciembre de 2008

Ponte da Constitución

Neste fin de semán temos unha variada e interesante oferta cultural para os cativos.
- O teatro (consultando os post de teatro).
- Culturgal. Aquí tedes a programación profesional, para o público xeral e a infantil. Os rapaces poderán disfrutar de obradoiros de plastilina, maquillaxe e música, xincanas, contacontos, teatro (Mobi Dick e Flis-fli-ris-flas (os que non vistes, aprovietade! Encántalles! ). Tamén terán a oportunidade de asistir a preestrea da Xabaxira 2009 do Xabarín Club. A entrada é de balde.
-Os días 6 e 7 (ás 12 e 17 h) a Fundación Barrié oferta talleres infantiles de deseño holandés na Fundación Barrié onde poderán deseñar un obxecto de mobiliario urbano e ou de interior e crear e decorar un deseño 3D. Para máis información chamade aos teléfonos 981 060 095 / 986 110 222.
- Aquí tedes tamén a programación dos Contacontos na biblioteca municipal de Arteixo.
- Onte estrenouse a nova e divertida película de Disney "Bolt".


No hay comentarios: