domingo, 7 de diciembre de 2008

Xoguetes no Nadal


Chega o Nadal e é case inevitable regalar algún xoguete aos nenos. Pero debemos poñer atención na elección do máis adecuado:
- Debe ser divertido pero ao mesmo tempo educativo.
- Debe ser adecuado á súa idade e capacidades (adoita estar especificado) pero tamén á súa personalidade e preferencias.
- Que desenvolva a fantasía, a capacidade simbólica e a creatividade.
- Hai que comprobar que non conteña materiais tóxicos ou contaminantes (que leven a marca CE).
- É interesante que sirvan para xogar con outros nenos fomentando a interacción social.
- Para respectar o medio ambiente e protexer a saúde do neno temos, cada vez en máis tendas, xoguetes ecolóxicos. Debemos, xa que logo, fixarnos na súa fabricación e na posibilidade de ser reciclado. Deben ser, entón, xoguetes elaborados con materiais naturais e biodegradables (madeira, corcho, papel, cartón...), pintados con tintes vexetais e que non conteñan materiais pesados e disolventes químicos. Respecto de as pilas, é mellor usar juguetes que non as necesiten pero se é así, que os nenos non as manipulen e que sexan recargables.
- Cando xa non se usa un xoguete debemos reutilizalo dándollo a outro neno ou doándoo. Hai numerosas organizacións que realizan campañas de recolleitas de xoguetes. Facendo aos nenos partícipes fomentaremos a solidariedade entre eles.
- Xa existen no mercado numerosos xoguetes e contos en galego. Deámoslle preferencia
Algunhas suxestións para os nenos de primeiro son:
- Non pode faltar un bo conto. Consultar as guías de lectura das bibliotecas escolares podevos axudar a escoller un conto axeitado para facer un agasallo neste Nadal.
- Libro-CD para cantar e bailar como os cantaxogos ou o de Luis Prego.
- Xogos de preguntas e experimentos.
- Xogos de mesa que requiran respectar unhas regras (parchís, dominó, oca, damas, cartas, bingo, lotería...)
- Tangram, construcións, xogos manuais, motrices, de creacións plásticas e manualidades. Títeres e teatro.
- Microscopios, telescopios, coches teledirixidos, máquinas de escribir, ordenadores, imprenta, etc.
- Material para facer deporte como unha canastra, raquetas, pelotas, bicicleta, patíns, monopatíns, etc. cos seus correspondentes complementos de seguridade (cascos, rodilleras, etc.)
- Bolos, cordas para saltar, frechas, dardos, billar, xogos de astucia e de azar.
- Xogos pedagóxicos que estimulan diferentes habilidades.
- Respecto de os videoxogos debemos analizar concienzudamente o seu contido para elixir o adecuado.

E sobre todo, a norma de ouro, dediquemos tempo a xogar cos rapaces.

No hay comentarios: