miércoles, 21 de enero de 2009

Buscando o tesouro do pirata


Os nenos de 1º están asistindo á biblioteca do Centro Cívico de Arteixo a unha actividade de animación á lectura. Trátase de participar nun xogo por equipos: azul, verde, vermello e amarelo. Cada grupo ten que seguir o mapa, buscar as 7 pistas e resolver correctamente a proba que se lles pide para poder buscar a pista seguinte. O tesouro que atopan é un marcapáxinas que nos sirve para abrir montóns e montóns de historias que podemos atopar nos libros da biblioteca, entre elas as de piratas. Esta actividade tamén nos permite coñecer a moitos piratas reais, de contos e de películas( Jack Sparrow, o capitán Garfio, Barbarroja, Barbanegra, etc. A máis temida: Anne Bonny.
Unha bonita experiencia.

Aquí tedes as fotos de:
1º C
Para os que vos gustou o tema dos piratas aquí tedes algúns enlaces que vos poden interesar:

No hay comentarios: