martes, 13 de enero de 2009

Conciencia fonolóxica, silábica e léxica.

Moitos pais e nais están demandandonos aos mestres e mestras que lles fagamos suxerencias para traballar na casa cos nenos. Baixo a etiqueta de Reforzo e ampliación iremos dando algunhas ideas.

Nesta entrada suxeriremos traballar a conciencia fonolóxica, silábica e léxica, é dicir, axudar aos nenos a traballar cos sons ou fonemas que forman as palabras, cas sílabas e cas palabras tanto de forma oral como escrita. Estas actividades son moi importantes dada a súa importancia para afrontar a lectoescritura.

Así podemos facer actividades como:

- Xogos tipo veo-veo.
- Dicir por que fonema comeza ou remata unha palabra.
- Dicir palabras que comecen ou rematen por...(fonema ou sílaba).
- Transformar palabras: cambiar unha letra dunha palabra por outra formando unha palabra nova. Facer o mesmo pero quitando ou añadindo letras. Esto mesmo farase con sílabas.
- Construir palabras a partir de letras manipulables ou sílabas.
- Dicir se unha palabra ten un determinado fonema ou sílaba.
- De un para de palabras que só se distinguen nun fonema ou nunha sílaba dicir cal é a que conten un determinado fonema ou sílaba.
- Xogos nos que teñan que realizar unha acción ao dicir unha sílaba ou palabra que conteña, empece ou remate por un determinado fonema ou sílaba.
- Sinalar debuxos que conteñan, empecen ou rematen cun determinado fonema ou sílaba.
- Clasificar debuxos en función dun fonema ou sílaba.
- Separar palabras en sílabas dando palmadas.
- Ordenar palabras para formar unha oración.
- Separar as palabras dunha oración dando palmas encima da mesa.
- Dicir unha sílaba directa (ex: sa) e o neno ten que dicir a inversa (as)
- Xogar ás palabras encadenadas.
- Facer rimas.
- O aforcado, crucigramas, sopas de letras...
Aquí podedes atopar fichas, xogos,

No hay comentarios: