jueves, 23 de octubre de 2008

La arena y el agua



Aproveitando a oferta de teatro do Concello de A Coruña, os nenos de 1ºC e 1ºD asistirán o día 21 de Novembro á obra "La arena y el agua".
Os cartos (3.5 euros) deben entregarse antes do 31 de Outubro.
Argumento:
Lalo e Lulo viven dun lado dunha parede e Lola e Lili doutro pero ningún sábeo. Dende o momento en que o descobren empezan a aparecer unha serie de sentimentos atopados. Por unha banda está o medo ás novas situacións e a necesidade de aferrarnos ao coñecido e por outro a esperanza de que as situacións cambien, a ilusión de ter novas experiencias ou a inquietude de coñecer outras realidades.
Compañía:
La Galera encantada
Trátase dun grupo de teatro de orixe arxentina que xa creou mais de 80 obras para nen@s e adolescentes. usando o xogo dramático, a música e outros elementos escenográficos.

Para máis información pinchade aquí. Como podedes ver, durante este outono hai unha variada e interesante oferta de teatro para os cativos. Cada clase só pode ir a unha, asique animo aos pais e nais a que os levedes a ver algunha mais e o disfrutedes en familia.

No hay comentarios: