Próximamente 1º A, B, C, D, E, F faremos unha visita á casa do Queixo en Sobrado dos Monxes. Dende Arteixo hai 125 km e levaranos aproximadamente hora e media.
Alí visitarán as diferentes instalacións e participarán nos distintos talleres elaborando productos típicos da zona e da época do ano. (queixo, filloas, chulas...)
O custo da entrada é de 10 Euros por persoa. O tratarse dunha actividade extraescolar temos que pagar o autobús. Isto supón 7 Euros por neno. En total a excursión ascende a 17 Euros que se deben pagar antes do Venres día 6 de Febreiro.
Sairemos de Arteixo ás 9:30 h e voltaremos ás 18:30 h. Os nenos deben levar comida e roupa cómoda.
Os nenos que non vaian á excursión deben asistir igual ao colexio. Aínda que non estemos os titores, quedarán atendidos por outros mestres.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario