Estou moi contenta pola boa aceptación que tivo a idea entre os/as nenas.Todos colaboraron dende as suas casas traendo froitas para os recreos, así poidemos ir vendo as distintas clases.
Eu levei froitas menos coñecidas (coco, mango e aguacate) que lles encantaron a case todos, ainda que o primeiro día houbo algúns que non se animaron a probalas.
Para rematar con esta experiencia tan refrescante, o último día fixemos un concurso onde tiñan que adiviñar que froita estaban a comer cos ollos vendados. As respostas foron variadas pero todos participaron e algún descubriu que si lle gustaba algunha froita que de primeiras rexeitaba.
![]() |
| Pincha na foto se queres ver máis |

No hay comentarios:
Publicar un comentario